ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS

INFORMACIÓN XERAL

A finalidade da acreditación de competencias, é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia profesional da persoa traballadora que non posúe titulación nesa área en concreto, a través da súa experiencia laboral e aprendizaxe non formal, obtendo unha acreditación oficial , con validez en todo o estado, a  través dun plan de formación adaptado.

O procedemento de acreditación consta de tres fases e ten varios meses de duración:

-Asesoramento: un asesor será o encargado de axudarche  a compilar toda a información da que dispoñas  (cursos, proxectos , traballos realizados, certificación da túa empresa, cuestionarios de autoavaliación tipo test...), para coñecer o grao da túa competencia profesional.

-Avaliación de competencias profesionais: a comisión de avaliación será a encargada de comprobar todo o achegado anteriormente, para o cal utillizará diferentes métodos: observación no posto de traballo, simulacións, entrevistas, probas estandarizadas de competencia profesional.

-Acreditación e rexistro das competencias: superado o proceso de avaliación, obterás a acreditación de cada unha das unidades de competencias, onde demostrastes a túa competencia profesional.

Os requisitos dos participantes , a modo xeral son:

-Posuír nacionalidade española

-Ter 18 anos cumpridos no momento da inscrición (para unidades de competencia de nivel I), ou 20 (para unidades de competencia nivel II e III)

-Non estar matriculados nin cursar simultáneamente un curso de formación profesional inicial nin para o emprego.

Haberá que xustificar a experiencia laboral, a través dos documentos que indique a normativa (certificacións de empresa ou contratos de traballo, vida laboral..;  e de formación, de ser o caso.

Instrumentos de apoio: poderás empregar uns cuestionarios de autoavaliación para coñecer o teu grao de competencia profesional nas unidades de competencia das que solicitas a acreditación, e que logo podes presentar como proba na fase de asesoramento.

Podes consultar estes cuestionarios aquí: http://www.edu.xunta.es/fp/instrumentos-apoio

Podes atopar información relativa a este procedemento, nos Departamentos de Orientación de centros educativos que teñan Formación Profesional, ou nos centros de Formación Profesional que serán sede de todo o proceso.

 

CONVOCATORIA 2020

 

Orde da convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191212/AnuncioG0534-031219-0001_gl.html

Información xeral:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8565

Calendario:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8539

 

ACTUALIZACIÓN PROCESO DE ACREDITACIÓN (26 de maio/2020)

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos e reclamacións (do 27 ó 2 de xuño)

Calendario actualizado

PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS 2019/20

Normativa 2020

Calendario

GRAO SUPERIOR:

documento informativo

Listaxe provisional inscritos

Listaxe definitiva inscritos

Lugares e sedes:

Celebración da proba: 23 de abril (aprazada ata novo aviso)

Cualificacións:

 

INFORMACIÓN XERAL PROBA GRAO SUPERIOR

Requisitos: 19 anos ou cumplilos no ano de realización da proba

Consta de:

-parte común: lingua  galega, lingua  castelá e matemáticas

-Parte específica (escoller unha opción, dependendo do ciclo ó que se acceda e, dentro delas, elixir dúas materias):

               opción A:economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), filosofía

               opción B:debuxo técnico, tecnoloxía e física

               opción C:ciencias da terra, bioloxía e química

Contidos e criterios avaliación

Exames convocatorias anteriores

 

GRAO MEDIO

Documento informativo

Calendario

Listaxe provisional de persoas inscritas e exencións

Celebración da proba: 28 de maio

Lugares e sedes:

 

INFORMACIÓN XERAL PROBA ACCESO GRAO MEDIO:

Requisitos: 17 anos ou cumplilos no ano natural de realización da proba

Consta de tres partes: sociolingüistica (castelá , galego e ciencias sociais), matemática (matemáticas), científico-técnica (ciencias natureza, tecnoloxía)

Contidos e criterios de avaliación

Materiais didácticos

Exames convocatorias anteriores