INFORMACIÓN XERAL

A finalidade da acreditación de competencias, é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia profesional da persoa traballadora que non posúe titulación nesa área en concreto, a través da súa experiencia laboral e aprendizaxe non formal, obtendo unha acreditación oficial , con validez en todo o estado, a  través dun plan de formación adaptado.

O procedemento de acreditación consta de tres fases e ten varios meses de duración:

-Asesoramento: un asesor será o encargado de axudarche  a compilar toda a información da que dispoñas  (cursos, proxectos , traballos realizados, certificación da túa empresa, cuestionarios de autoavaliación tipo test...), para coñecer o grao da túa competencia profesional.

-Avaliación de competencias profesionais: a comisión de avaliación será a encargada de comprobar todo o achegado anteriormente, para o cal utillizará diferentes métodos: observación no posto de traballo, simulacións, entrevistas, probas estandarizadas de competencia profesional.

-Acreditación e rexistro das competencias: superado o proceso de avaliación, obterás a acreditación de cada unha das unidades de competencias, onde demostrastes a túa competencia profesional.

Os requisitos dos participantes , a modo xeral son:

-Posuír nacionalidade española

-Ter 18 anos cumpridos no momento da inscrición (para unidades de competencia de nivel I), ou 20 (para unidades de competencia nivel II e III)

-Non estar matriculados nin cursar simultáneamente un curso de formación profesional inicial nin para o emprego.

Haberá que xustificar a experiencia laboral, a través dos documentos que indique a normativa (certificacións de empresa ou contratos de traballo, vida laboral..;  e de formación, de ser o caso.

Instrumentos de apoio: poderás empregar uns cuestionarios de autoavaliación para coñecer o teu grao de competencia profesional nas unidades de competencia das que solicitas a acreditación, e que logo podes presentar como proba na fase de asesoramento.

Podes consultar estes cuestionarios aquí: http://www.edu.xunta.es/fp/cuestionarios-autoavaliacion

Podes atopar información relativa a este procedemento, nos Departamentos de Orientación de centros educativos que teñan Formación Profesional, ou nos centros de Formación Profesional que serán sede de todo o proceso.

 

CONVOCATORIA 2019

 

Orde da convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181214/AnuncioG0534-071218-0001_gl.html

Información xeral:

http://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2019-acreditacion

Calendario:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7908

Solicitudes e inscrición:

http://www.edu.xunta.es/fp/solicitudes-incricion-acreditacion-2019

Criterios baremo:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7905

 

 

INICIO FASE DE ASESORAMENTO:

 

Data e lugares da primeira reunión grupal: