awareness-4246466_640.jpg

Vivimos momentos de ansiedade elevada, arredor do virus que nos acompaña este tempo.
Aínda que queiramos alonxarnos do medo, o pánico, é prácticamente imposible, porque as novas falan a diario del, nas redes sociais...converténdose no tema central do noso día a día. Pero temos que pensar se realmente compensa estar nesa burbulla da preocupación constante, que impide que me ocupe realmente do que é necesario, do meu estado, do meu ser , da miña conciencia, e de como me enfrento a isto.
Evitar o estrés, (distrés xa cando a hormona do cortisol se dispara,) é clave para o noso sistema inmunolóxico, do que tanto se fala: canto máis estrés, menos defensas.
Temos que manter a calma, a paz interior para facer fronte a este caos, sendo conscientes das novas, das mensaxes que nos chegan, que sexan de fontes fidedignas en verdade, non obsesionándonos hora tras hora, e creando un mundo de medo e histeria.
A nosa pregunta é automática: Como lle fago?, como vivo  pechado tantos días, en que invirto o tempo, como lle fago fronte ós meus medos, ó pánico que me asalta?
Quizáis podes facer uso dunha ferramenta que che aseguro de utilidade: Mindfulness.
Mindfulness é conciencia, é presencia total, é “darme conta”, non desde o xuizo, a crítica, se non, simplemente desde o meu momento presente, empregando a meditación, que me vai a permitir conectar co meu mundo interior, aceptándoo desde o amor, desde a comprensión absoluta.
Podemos empregar a práctica informal de mindfulness, é dicir, dándome conta (agora que teño tempo), de cada cousa, de cada movemento, de cada xesto na vida cotiá, reducida a poucos metros cadrados, pero que podo encher de gratitude. Podo tomar conciencia de pequenas cousas, detalles , que hai apenas unhas horas , non consideraba, por falta de tempo, ese tesouro tan escaso nos nosos tempos, e polos que tantos e tantas de nós pagariamos un prezo elevado.
Agora teño ese tempo, e eu decido como aprecialo, dándolle gracias ó universo por telo.
Pénsao ben... non é verdade isto que digo? Eu estouno valorando como un tesouro, apreciando cada momento: presta conciencia cando realizas as tarefas do fogar, cando trafegas coa roupa, cando tes o teu fillo ou filla no regazo, sen mirar a toda présa a hora de facer os deberes, de ir ás actividades extraescolares... Cantos momentos para prestarlle agora atención plena e darte conta verdade? Disfrutando deles, sabes por que? Porque hai tempo a raudales. Non temos reloxo.
Quizáis sexa un bo momento para iso, en vez de preocuparnos polos políticos, polas decisións que toman, polo rumbo que vai tomar esta situación.... sabes por que? Porque non depende de nós.
Só é momento de “pararnos”, de facer un alto na nosa axetreada vida, no noso camiñar. Aí che pode axudar e moito a práctica de mindfulness.
A outra práctica á que podes recurrir é a formal.
Podes implementar exercicios de mindfulness coa túa respiración e corpo para regresar a ti mesmo e non deixarte levar polas emocións:
-Recoñece que sinte o teu corpo
-Pecha os ollos se é posible
-Fai un percorrido , un escaneo, desde unha posición cómoda, por cada parte do teu corpo. Comeza polo teu pe dereito ata chegar á parte superior dos teus ombros.
-Logo pasa ó pe esquerdo, ata chegar ó ombro esquerdo.
-Logo achégate ó cuello, beizos,mandíbula, naríz, prestando atención a cada unha destas partes do corpo, analizando o seu estado, ata que finalizas na cabeza
-Permítete sentir o que sexa, respirando normalmente, e con cada exhalación , soltando todas as tensións, medos, perturbacións.

Proba a facer isto todos os días . Non precisas nada especial, só a ti mesmo ou a ti mesma, e moita conciencia plena.Non hai nada que perder. Tes tempo.


RECURSOS

Meditacións guiadas para principiantes (español)

Meditacións guiadas en inglés

Om Mani Padme Hum. Mantra tibetano

Audios de mindfulness e compasión

Meditacións guiadas

Escoita consciente

 

ficheiro_pdf